De natureza híbrida, ACME funciona ao tempo como laboratorio de experimentación e como plataforma para activar a escena cultural actual. O seu traballo céntrase en fomentar a produción artística desenvolvida no contexto local, sen perder a mirada internacional, e en promover novas linguaxes creativas a través da circularidade nos procesos, dunha aproximación artesanal e dunha forte apertura á interdisciplinariedade.

Residencias, obradoiros, programación pública, proxectos colaborativos e un taller vivo onde a materia e a idea conviven: ACME constrúe unha práctica que dialoga coa artesanía, coa experimentación e co pensamento contemporáneo.

Na súa participación na Xornada de Oficios da Maker Faire Galicia, o venres 21 de novembro na Casa das Máquinas, compartirán como entenden o facer creativo hoxe: como un proceso aberto, colectivo e en constante transformación.

ACME Estudio – Madrid
Espazo independente de creación contemporánea que combina taller de produción, estudo creativo e programación cultural, impulsado por Victoria, Débora e Olivia.