María Regueiro, licenciada en Comunicación Audiovisual e Marketing, leva máis dunha década á fronte de Asubía Marketing, unha axencia especializada en estratexia, comunicación e eventos con forte presenza no eido cultural e artesán.

Dende Galicia acompaña proxectos creativos e marcas con selo artesán na construción dun relato coherente, profesional e sostible. O seu enfoque combina marca, identidade e experiencia, procurando sempre que a comunicación respecte o oficio e a súa esencia.

No faladoiro poñerá sobre a mesa como comunicar dun xeito profesional sen renunciar á autenticidade, e como construír novas audiencias para un sector en plena transformación.

María Regueiro – A Coruña
Socia-directora de Asubía Marketing, axencia especializada en comunicación e eventos para marcas culturais e artesás.