Como pode o biodeseño transformar recursos locais en novas formas de creación sostible? Esa é a pregunta que guía o traballo de Paula Camiña Eiras (Galicia, 1995), biodeseñadora formada en Central Saint Martins e enxeñeira en Deseño Industrial e Desenvolvemento de Produto.

Especializada en explorar o potencial rexenerativo da biotecnoloxía, da artesanía e dos materiais do territorio, Paula desenvolve proxectos que conectan ciencia, tradición e innovación. Entre eles destaca o seu recoñecido Co-Obradoiro Galego, exhibido internacionalmente e premiado nos ADI Awards e en Material Driven Innovation, consolidándose como unha das voces máis prometedoras do biodeseño europeo.

Na súa intervención na Xornada de Oficios da Maker Faire Galicia, o venres 21 de novembro na Casa das Máquinas, compartirá como o traballo con materiais vivos, os procesos colaborativos e a recuperación de saberes locais poden abrir novos camiños para un deseño máis ético, sensible e ligado ao territorio.

Paula Camiña Eiras – Biodeseñadora
Docente en Central Saint Martins ata 2021, colaborou con marcas como ZARA HOME e Red Bull, e actualmente lidera a área de Biodeseño na empresa de cosmética Dulcie (antes Haeckels) desde Londres, mantendo un forte vínculo creativo coa súa Galicia natal.