Como pode unha mercería converterse nun espazo onde se entrelazan memoria, oficio e comunidade? Esa é a pregunta que acompaña a traxectoria de Ramón Santos, patronista coruñés e actual propietario de La Crisálida, a histórica mercería fundada en 1942 e hoxe a máis seguida.

Formado en confección e patronaxe en Galicia, Ramón dedicou anos a impartir clases de costura, patronaxe, calceta e ganchillo. A chegada de La Crisálida á súa vida foi case accidental, pero axiña descubriu que aquel local era moito máis ca un comercio: era unha cápsula do tempo chea de materiais, lembranzas e pequenas xoias que merecían ser preservadas.

Na súa intervención na Xornada de Oficios da Maker Faire Galicia, o venres 21 de novembro na Casa das Máquinas, Ramón compartirá como conseguiu revitalizar un oficio tradicional combinando sensibilidade, divulgación e creatividade, e como a comunidade dixital acabou convertendo a mercería nun símbolo de identidade e afecto.

Ramón Santos – La Crisálida
Patronista e experto en técnicas téxtiles manuais, é o responsable de recuperar e impulsar unha das mercerías máis emblemáticas de A Coruña. A súa visión une artesanía, memoria local e comunicación, demostrando que os oficios teñen moitas vidas.