Como se transmite a verdade dun oficio? María Gómez-Domínguez, especialista en marketing e comunicación, explora esa pregunta en Da Néboa, o primeiro podcast dedicado á artesanía galega.
Con máis de quince anos de experiencia, María dirixe a axencia DoGo Strategy e combina o seu traballo profesional coa docencia universitaria e a investigación académica. En Da Néboa conversa con artesás, creadoras e proxectos que mantén vivo o patrimonio manual de Galicia, construíndo unha comunidade que escoita para comprender.
No faladoiro achegará unha visión estratéxica e sensible sobre como comunicar oficios, crear novas audiencias e poñer en valor procesos que necesitan tempo, memoria e proximidade.
María Gómez-Domínguez – Vigo
Estratexia de marca e creadora de Da Néboa, o podcast que dá voz á artesanía galega.