Como se conta un territorio a través das persoas que o crean? Leticia Castro, xornalista freelance en La Voz de Galicia, creadora da marca AWA e cofundadora do colectivo Grovemakers, leva anos explorando esa pregunta.
É tamén unha das impulsoras de Revista Salghadoiro, un proxecto editorial que visibiliza o talento da costa atlántica e reivindica a identidade creativa de O Grove e da súa contorna a través de reportaxes, fotografía e narrativas contemporáneas.
No faladoiro compartirá como se constrúen relatos honestos arredor dos oficios, o papel dos medios independentes e a importancia de reivindicar o territorio como fonte de creatividade.
Leticia Castro – O Grove
Xornalista e cofundadora de Revista Salghadoiro, publicación que conecta cultura, territorio e creación contemporánea.