Proxectos

Andrea Area
Estudio creativo

ANDREA AREA ESTUDIO CREATIVO

Andrea Area

ANDREA AREA ESTUDIO CREATIVO é un estudo creativo con máis de dez anos de vida situado en Sanxenxo, dedicado á papelería creativa para eventos e empresas. Desde este espazo, Andrea Area crea acuarelas feitas a man, cianotipia, fotografía e obradoiros, combinando técnica artesanal, deseño e unha mirada moi persoal.

O proxecto ofrece papelería exclusiva, feita a man, funcional e chea de personalidade, pensada tanto para particulares como para empresas. A súa finalidade é que a papelería marque a diferenza en cada evento, achegando propostas coherentes e singulares que converten cada detalle nunha parte esencial da experiencia.

Ao longo do ano, o estudo tamén crea obra propia a través de diferentes coleccións, disponibles na tenda física e online, en puntos de venda e en mercados creativos. Entre elas inclúense láminas decorativas para o fogar, louza ilustrada e calendarios, pezas que levan a ilustración e a creatividade máis alá do papel.

O traballo nace da acuarela, da tinta chinesa ou dos lapis, e tamén da cianotipia. Posteriormente, as pezas dixitalízanse para crear impresións ademais dos orixinais e maquetan en diferentes formatos. A fotografía é outra das liñas do estudo: un servizo dixital que cubre eventos e crea contido para redes sociais e webs.

ANDREA AREA ESTUDIO CREATIVO achega á comunidade maker unha forma posible de vivir creando coas propias mans e de converter as artes plásticas nun medio de vida. No evento, as persoas visitantes poderán achegarse ao stand para contemplar a obra en papel, descubrir a colección de calendarios e resolver calquera dúbida ou consulta co equipo.

Todos los derechos reservados. Maker Faire Galicia, 2025

ES

GL

EN

ES

GL

EN

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.