A innovación, a inclusión e a sustentabilidade chegarán da man de Asociación Misela, que presentará o proxecto Voga-Voga, unha iniciativa que transforma residuos plásticos recollidos do mar en novos obxectos e oportunidades a través da reciclaxe, a fabricación dixital e o traballo colaborativo. Na súa intervención compartirán como naceu o proxecto, o proceso de recuperación e transformación dos materiais e o impacto social e ambiental que xera no territorio, demostrando como a cultura maker pode converterse nunha ferramenta real de cambio, inclusión e coidado do entorno. Porque facer tamén é coidar. E innovar tamén é incluír