Daniel Seijo é emprendedor e investidor. Cofundou Diariomotor, dirixiu Menéame durante varios anos e participou no investimento en empresas emerxentes a través de Civeta Investment.
Actualmente desenvolve Hawkings Education, onde aplica a intelixencia artificial á creación de contidos e ferramentas educativas. A súa traxectoria conecta tecnoloxía, contidos e comunidades, cunha motivación común: construír produtos útiles e aprender poñéndoos en mans de persoas reais.
A proporción entre a xente que fai presentacións de PowerPoint e a que crea de verdade estaba en máximos históricos. É hora de revertela. A intelixencia artificial permítenos deixar de falar do que imos facer e facelo de verdade.
O risco vén coa velocidade. Como actuar cando a nosa capacidade de producir é moito maior ca nosa capacidade de entender o que estamos facendo, ou para que o estamos facendo?
Unha charla sobre recuperar as ganas de facer na época da abundancia de intelixencia.