Un ano máis volve a Compostela a Maker Faire Galicia, un dos eventos de referencia no ámbito da innovación tanto a nivel nacional como europeo. Igual que nas últimas edicións, celebraranse 3 xornadas repartidas en diferentes momentos do ano e en diferentes espazos da cidade.
O próximo 6 de xuño celebrarase a xornada dedicada ao Emprendemento e á Innovación social na área Central, o 9 de outubro, na Casa das Máquinas de Galeras, celebrarase a xornada da Industria, e o 20 de novembro, tamén na Casa das Máquinas, terá lugar a xornada dos Oficios.
A primeira das xornadas, a do Emprendemento e a Innovación Social, estará enfocada a todos os públicos, sobre todo familias, xente do emprendemento e do social e persoas curiosas que queiran aprender de proxectos innovadores, inclusivos e con impacto.
No contexto de incerteza global no que vivimos, dúas das principais características do mundo maker, a colaboración e a creatividade, antóllanse fundamentades para atopar o camiño correcto. Esta xornada repetirá a fórmula do éxito de anteriores edicións, que contaron con máis de 10000 visitantes.
Haberá charlas inspiradoras, como as de Nuska Chousa, Pablo Núñez, Galos dell Norte ou Mar Benavides entre outras, un total de 20 talleres para todas as idades e totalmente gratuítos, de Do it Yourself, Ciencia e Tecnoloxía, e a exposición de preto de 40 proxectos interactivos coa participación de máis de 150 Makers, tanto a nivel nacional como internacional. Na seguinte imaxe mostrámosche o flyer da xornada, onde podes consultar un resumo rápido con todas as actividades e a súa localización