O proxecto social Gallos del Norte xunto con Poten100mos levarán á Maker Faire Galicia 2026 a proposta de Freestyle People , unha charla que amosa o poder da música urbana e da improvisación como ferramentas de integración social. A través da súa experiencia en máis de 200 obradoiros socioeducativos, compartirán como o freestyle pode axudar a traballar a autoestima, a xestión emocional, a igualdade ou a prevención do bullying, demostrando que a cultura urbana tamén pode ser un espazo de inclusión, creatividade e transformación social.