Charlas

CESGA

15:15 - 15:30 Guillermo Díaz - CESGA

Guillermo Díaz Camacho

Guillermo Díaz Camacho é investigador no grupo de computación cuántica do CESGA (Centro de Supercomputación de Galicia), en Santiago de Compostela.

O seu traballo consiste en poñer a proba ordenadores cuánticos reais: medir que saben facer ben, onde fallan e como conectalos cos superordenadores que xa utilizamos hoxe, para que empresas e investigadores poidan aproveitalos en problemas concretos.

Traballa con QMIO, o ordenador cuántico de Galicia, e participa en QEX, un proxecto europeo que achega a computación cuántica á ciencia e á industria

Para que serve hoxe un ordenador cuántico?

O CESGA opera QMIO, o ordenador cuántico de Galicia, e participa en QEX, un centro europeo de excelencia que conecta a industria coa ciencia e ofrece acceso a ordenadores cuánticos de toda Europa.

A través de exemplos reais traballados no CESGA —desde problemas de optimización para empresas galegas ata a reconstrución de traxectorias de partículas no CERN— veremos que problemas concretos pode resolver hoxe esta tecnoloxía e cales aínda non.

 

Todos los derechos reservados. Maker Faire Galicia, 2025

ES

GL

EN

ES

GL

EN

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.