La Volpe Cerámica é un pequeno estudio-taller de deseño e fabricación de pezas cerámicas situado en Santiago de Compostela . Impulsado por Michelle Volpe esta arquitecta e ceramista atopou nesta arte o seu ikigai: aquilo que, desde a infancia, estaba sembrado no seu interior e que a conecta coa orixe e coa terra.

Cada peza nace da combinación de cabeza, corazón e mans. O proxecto retoma a tradición dun oficio ancestral, traballa con materia prima local e transfórmaa desde unha mirada contemporánea para crear obxectos únicos, funcionais e pensados para a vida actual.

Máis alá da creación cerámica, La Volpe Cerámica é tamén un espazo de aprendizaxe. No taller impártense clases e obradoiros abertos a todas as persoas, con grupos reducidos de máximo oito participantes. Durante o primeiro mes, o alumnado inicia as técnicas básicas de conformación e decoración cerámica; a partir do segundo, desenvolve os seus propios proxectos con acompañamento personalizado. O taller dispón de todas as ferramentas e materiais necesarios, e as coccións están incluídas no prezo.

A finalidade é que calquera persoa poida dar forma coas propias mans a unha peza especial e achegarse así ao seu artista interior. Ao mesmo tempo, o proxecto contribúe a dar visibilidade ao oficio da cerámica e a transmitilo ás futuras xeracións.

No evento, as persoas visitantes poderán ver e tocar as pezas cerámicas rematadas, coñecer o proceso creativo e resolver calquera dúbida sobre as técnicas, os materiais e as posibilidades de aprender cerámica no taller.