No obradoiro “Toca, toca artrópodos” de Mundo Bichos, as persoas asistentes poderán achegarse ao fascinante mundo dos artrópodos a través dunha experiencia interactiva na que descubrirán insectos, milpés e arácnidos vivos mentres aprenden curiosidades sobre o seu comportamento, características e hábitat. Ademais de observalos moi de preto, tamén poderán tocalos de forma segura e guiada, convertendo a actividade nunha experiencia educativa, divertida e perfecta para espertar a curiosidade pola natureza e perderlle o medo a estes pequenos grandes animais.
- 13:00-14:00
- 18:00-19:00
📍 Zona de Obradoiros