Nun formato próximo, dinámico e participativo, Nuska Chousa compartirá coñecementos prácticos para coidar a horta de maneira ecolóxica e sostible. A charla está pensada como un coloquio aberto no que as persoas asistentes poderán participar activamente, facendo preguntas, compartindo dúbidas e formando parte da conversa en todo momento.

Ao longo da sesión abordaranse temas como o control natural de pragas e pestes, a importancia do humus, o compost e o vermicompost, e como construír un solo san para conseguir plantas máis fortes e resistentes.

Desde a súa horta, Nuska Chousa divulga saberes cotiáns ligados ao mundo rural coa finalidade de conservar e transmitir a memoria labrega, gastronómica e cultural da nosa terra. A través das súas redes e encontros presenciais, comparte unha forma de entender a horta conectada coa natureza, a tradición e os coidados