Neste obradoiro as persoas participantes descubrirán o mundo dos e-textiles, unha maneira creativa de combinar electrónica, deseño e materiais téxtiles para crear obxectos interactivos. A actividade está pensada como unha introdución práctica e accesible, polo que non é necesario ter coñecementos previos de electrónica, costura nin programación.
Ao longo da sesión aprenderase a utilizar fío condutivo, LEDs para coser e pequenos compoñentes electrónicos integrados sobre tea, creando circuítos téxtiles básicos dun xeito sinxelo e experimental. Traballarase sobre pequenas creacións prácticas, como insignias luminosas, postais téxtiles ou pezas decorativas con luz.
Tamén se presentarán exemplos de ferramentas e placas utilizadas en proxectos máis avanzados de tecnoloxía wearable e electrónica téxtil, explorando as posibilidades creativas que ofrecen os e-textiles no ámbito maker, artístico e educativo.
O obxectivo do obradoiro é perderlle o medo á electrónica e descubrir como a tecnoloxía tamén pode coserse, tocarse e integrarse en materiais cotiáns, levando cada participante unha pequena creación luminosa feita por si mesma
Horario
- 11:00 – 12:00
Zona de Obradoiros