Aprende a darlle unha segunda vida ás túas prendas e descubre como pequenas reparacións poden converterse tamén nun xeito de consumo máis consciente e creativo. Nun mundo onde o sistema nos empurra constantemente a comprar, usar e tirar, remendar convértese nun pequeno acto de resistencia, de coidado e de reapropiación do que xa temos.
Neste obradoiro achegarémonos ao remendo e ao zurcido dun xeito práctico, sinxelo e accesible para todo o mundo. Veremos diferentes técnicas básicas para reparar rotos, desgastes ou pequenos buratos en roupa e tecidos, aprendendo tamén como estas intervencións poden transformar unha peza e darlle unha nova personalidade.
Traballaremos sobre mostras de tecido ou, se o prefires, podes traer unha prenda túa para reparala directamente durante a sesión. O importante non é facelo “perfecto”, senón experimentar, perderlle o medo á agulla e entender o valor de alongar a vida das cousas que usamos no día a día.
Non é necesario ter coñecementos previos de costura nin bordado: só ganas de aprender, usar as mans e ter unha pouquiña paciencia 🙂
Horario
- 18:00 – 19:00
Zona de Obradoiros