Desenvolvido por Opgan Tech, startup galega fundada en 2025 por Aina Mena Grañó, Optimuu é unha solución tecnolóxica para dixitalizar, automatizar e optimizar a toma de decisións en granxas de vacún leiteiro.
Este proxecto naceu como iniciativa universitaria e evolucionou grazas ao contacto directo con gandeiros.
Optimuu integra nunha única plataforma os datos de sensores e programas de xestión das granxas para:
A súa finalidade é facilitar o traballo diario nas granxas, aforrando tempo e recursos mentres se mellora o benestar animal, a xestión da alimentación e a conexión entre gandeiros e provedores para axilizar procesos.
Optimuu utiliza modelos predictivos que procesan datos en tempo real nunha plataforma web intuitiva, transformándoos en indicadores claros, alertas preventivas e recomendacións fáciles de interpretar. Cada granxa recibe recomendacións personalizadas para xestionar pedidos de penso e optimizar a nutrición do gando.
Optimuu achega á comunidade Maker demostrando como a tecnoloxía pode resolver retos do sector primario, integrando datos de dispositivos conectados e desenvolvendo modelos predictivos convertidos en ferramentas accesibles con impacto directo no medio rural.
Os visitantes poderán interactuar directamente con Optimuu usando tabletas para navegar pola plataforma web, explorar exemplos de datos reais de granxas e descubrir como se transforman en recomendacións prácticas e ferramentas de axuda para a toma de decisións. O equipo realizará demostracións en directo e resolverá dúbidas sobre o funcionamento da tecnoloxía.