Charlas

Neutron Insights

15:45 -16:00  Pablo Cabanelas  - Neutron Insights

Pablo Cabanelas

“Son físico e cofundador de Neutron Insights, unha pequena spin-off galega que leva tecnoloxías desenvolvidas na investigación en física de partículas e nuclear a aplicacións industriais e ambientais. 

Durante máis de vinte anos traballei en investigación, instrumentación científica e transferencia de tecnoloxía, e fun responsable de Innovación e Transferencia no IGFAE. E neste 2026 decidín ir un pouco máis aló: deixar a universidade e dedicarme plenamente a construír Neutron Insights.

Hoxe combino ciencia, tecnoloxía e emprendemento, tentando converter boas ideas de laboratorio en solucións que poidan ter un impacto real.”

 

“Que fai alguén coma min cando leva máis de vinte anos investigando e descobre que o que máis lle interesa xa non é só facer ciencia, senón conseguir que esa ciencia chegue ao mundo real?

Contareivos o camiño que me levou da investigación en física nuclear e de partículas ao emprendemento, desde os primeiros proxectos de instrumentación e transferencia de tecnoloxía ata a creación de Neutron Insights, onde desenvolvemos tecnoloxías baseadas en detectores de radiación para aplicacións industriais, ambientais ou de seguridade.

E falareivos tamén da parte menos visible de emprender: aprender a vender unha idea, entender o que realmente necesita un cliente, equivocarse, buscar financiamento, montar un equipo e descubrir que construír unha empresa se parece moito menos ao que un científico imaxina do que podería parecer.

Unha pequena historia sobre ciencia, curiosidade e ganas de probar cousas novas, pero tamén sobre dar o saltos incertos e aprender polo camiño.”

 

Todos los derechos reservados. Maker Faire Galicia, 2025

ES

GL

EN

ES

GL

EN

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.