Proxectos

SEPIA Art Shop

Carlota Cao Aparicio

SEPIA é un proxecto artesanal que demostra que os oficios poden convivir coa creatividade máis actual. Nel elabóranse a man pastillas de acuarela veganas, con pigmentos de orixe ética e sustentable e materiais de orixe vexetal, nun proceso lento no que as cores secan de forma natural.

Detrás de SEPIA está Carlota Cao, enxeñeira de profesión cunha marcada paixon pola arte e a creatividade. 

En SEPIA elabora a man as pastillas de acuarela veganas, empregando materiais de orixe vexetal e pigmentos de extracción ética e sostible e de calidade artista, baixo unha producción lenta que permite que as acuarelas sequen de maneira natural.

As cores van dende as máis clásicas, coma as primarias, ata as metalizadas ou fluorescentes que reaccionan baixo a luz UV, que non son tan habituais. As pastillas están tan saturadas de pigmento, que conséguense obras con cores moi vivos.

Estas pastillas se venden en formato viaxe, con latiñas pequeniñas que se complementan con outros accesorios que tamén fai manualmente (coma cadernos con papel 100% algodón de encuadernación artesanal) e con produtos tamaño mini coma pinceis ou pinzas magnéticas.

SEPIA non utiliza tecnoloxía: todo se elabora a man, con utensilios de vidro e moita atención ao detalle. Precisamente esa produción artesanal é o que achega á Comunidade Maker unha mirada diferente sobre a creación de materiais artísticos, a experimentación con pigmentos e o valor dos procesos feitos a man.

O proxecto invita a conectar contigo mesmo en calquera momento e lugar: a debuxar unha paisaxe, a anotar unha viaxe ou a plasmar un recordo nun caderno de bitácora, afastándose un rato do móbil e das redes sociais.

No posto, as persoas visitantes poderán descubrir como se facían as acuarelas na antigüidade, ver demostracións en directo do proceso de elaboración e facer a súa propia mostra de cor para levala a casa. Unha oportunidade para tocar, experimentar e comprobar que detrás dunha simple pastilla de acuarela hai ciencia, arte, sostibilidade e moito oficio.

 

Todos los derechos reservados. Maker Faire Galicia, 2025

ES

GL

EN

ES

GL

EN

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.