E se mellorar o benestar comezase por coñecer mellor as nosas propias necesidades?
UP-HAPPINESS é unha plataforma que combina ciencia, intelixencia artificial e innovación social para facer do benestar unha experiencia personalizada.
A partir dunha avaliación baseada no modelo científico SPIRE, a plataforma identifica as áreas que cada persoa pode reforzar —espiritual, física, intelectual, relacional e emocional— e propón hábitos e actividades adaptados á súa situación.
O obxectivo non é ofrecer recomendacións xenéricas, senón acompañar cada persoa na creación de cambios realistas, sostibles e medibles.
A experiencia é intuitiva, interactiva e gamificada. A persoa usuaria recibe un itinerario personalizado, pode seguir a súa evolución e avanzar ao seu propio ritmo, favorecendo a motivación e a consolidación de novos hábitos.
UP-HAPPINESS achega á Comunidade Maker un espazo para experimentar e crear en colaboración solucións nas que a tecnoloxía está ao servizo das persoas.
Na xornada, o público poderá coñecer como a intelixencia artificial pode contribuír ao benestar integral e participar nun proxecto aberto á colaboración, á innovación e á xeración dun impacto real.