Este proxecto ten como obxectivo principal darlle unha segunda vida a materiais e refugallos procedentes da industria da construción, como o porexpán, para crear novos obxectos e lámpadas que, doutra maneira, acabarían nos contedores do lixo. A finalidade é promover o reciclaxe e concienciar sobre as posibilidades de reutilización dun material tan común e contaminante como o porexpán. Para levalo a cabo, empréganse tecnoloxías e ferramentas creadas de xeito artesanal con materiais reciclados, ofrecendo así unha experiencia sustentable e accesible. Esta proposta achega á comunidade maker novas vías de aproveitamento de recursos e fomenta a creatividade a través da reutilización consciente.