Resib Labs é un laboratorio creado por un grupo de mozos/as apaixonados das tecnoloxías no cal poden dar renda solta a o seu enxeño e creatividade.

Ao longo destes dous anos de andadura, demos vida a unha variedade de proxectos dos cales escollemos os mencionados a continuación para propoñer este ano para o expositor.

Unha maceta domótica que axuda co cultivo de plantas en interiores, permitindo a os usuarios cultivar plantas en condiciones adversas e monitorizar as condicións ambientais, como por exemplo a humidade da terra, de forma remota. Xa levamos unha versión na edición anterior e este ano levariamos unha versión mellorada que atende as criticas construtivas e propostas de mellora que nos fixeron os visitantes na edición anterior.

Bandeiras do mundo: Este proxecto é unha experiencia interactiva para descubrir unha selección de países a través das súas bandeiras. Ao achegar cada bandeira a un punto de lectura, escoitase información interesante sobre o país correspondente, acompañada do seu himno nacional.
O obxectivo é ofrecer unha forma lúdica e sensorial de aprender xeografía, cultura e música, facendo que a aprendizaxe sexa máis dinámica e divertida. Ademais, o sistema pódese adaptar facilmente a outras temáticas, como animais, monumentos históricos ou obras de arte.

Xogos Arcade, quixemos volver os orixes dos videoxogos coa creación dos nosos propios xogos de arcade nos cales terás que resolver unha serie de retos se queres chegar a meta.

Este tipo de proxecto busca democratizar o acceso a tecnoloxía en todos os estratos sociais, facendo especial fincapé na poboación das zonas rurais cuxa dificultade de accesos a estes recursos e as comunidades de usuarios e maior. Enfocado inicialmente a todo o público e gracias a inestimable colaboración do Concello de Vilanova de Arousa se creou un polo formativo guiado chamado SalnésCampus do que ha xurdido este grupo autoorganizado chamado Resib Labs cuxa finalidade é apoderar a xuventude con intereses tecnolóxicos é darlles un lugar.