– Impresión 3D dos moldes das dovelas dun arco.
a) Pártese do deseño xeométrico dun arco e as súas dovelas.
Realízase a partires da descripción do método xeométrico para xerar o arco e as súas dovelas. Esa descripción lévase a cabo nun caso con dimensións concretas usando o programa GeoGebra. O arquivo expórtase en formato svg.
b) Os arquivos svg impórtanse o programa Inkscape para darlle un espesor concreto as paredes que terá o molde e permitir que o arquivo svg poida importarse sen problemas a Tinkercad.
c) Importar o arquivo svg do molde a Tinkercad e xerar o arquivo STL de impresión 3D. Imprimir ese deseño 3D.
d) Xerar as dovelas do arco usando o molde impreso e morteiro como material (poderíase usar ouros materias como, por exemplo, escaiola ou arxila polimérica).
e) Xerar reproduccións de arcos e, se é o caso, paredes anexas de arcos presentes no entorno do Instituto.
f) Xeración de selos mediante impresión 3D.
g) Usar os arcos xerados para comprobar as diferenzas de comportamento de diferentes arcos o ser sometidos a forzas. Estudar tamén cómo se transmiten esas forzas entre as dovelas, qué cargas soporta cada tipo de arco, etc.
– Impresión 3D de cortadores de arxila para teselas.
Consiste en deseñar cortadores de teselas para confeccionar teselados con arxila de secado ó aire que, posteriormente, serán pintadas.
A forma de xerar o deseño da tesela é parecido o descrito para a confección de arcos: deseño da tesela en GeoGebra (ou en https://tiled.art/), importación do arquivo svg a Inkscape e xerar o arquivo STL de impresión en Tinkercad. Tamén xeráronse selos para usar nas teselas.
A idea xurdíu despois de facer os primeiros moldes de arcos. A idea era reproducir teselas en arxila e xerar teselas ecrámicas. A ausencia de forno cerámico levou a usar arxila de secado ó aire (ainde que se podería ter usado arxila polimérica, escaiola, etc.)