O xogo céntrase nun percorrido pola Historia, Xeografía, Patrimonio, Igualdade, Diversidade, Biodiversidade, tradicións…. seguindo un determinado percorrido no que se van facendo preguntas abordando temas coma a gastronomía, productos locais, oficios, natureza, persoeiros históricos, cultura. Se o xogador acerta a pregunta irá avanzando no percorrido ata chegar á meta. Se busca difundir lugares, costumes e tradicións. O formato do xogo é un taboleiro no que se serigrafiou o percorrido (do río Miño e da Costa da Morte).
Tecnoloxías: NFC, Cloudcomputing, IA, xeolocalización e realidade aumentada.

Empregamos a tecnoloxía para valorar, preservar e difundir o noso patrimonio, destacando a unión do antigo co moderno, mediante a gamificacion.

Un exemplo claro dos traballos realizados no IES Maximino Romero de Lema a través de Polos Creativos, que poderían ser exportados a calquera centro educativo galego.