10:30-11:30
Neste obradoiro práctico, os participantes descubrirán como combinar creatividade, enxeño e ferramentas sinxelas para dar forma ao seu propio truco de maxia. Comezaremos aprendendo un xogo máxico sinxelo e, a partir del, cada asistente poderá deseñar e construír o seu accesorio máxico empregando materiais accesibles (cartón, gomas, clips, etc.) e ferramentas manuais básicas (tesoiras, pegamento, etc. ).
Para facilitar o proceso, dispoñeremos tamén de pezas previamente impresas en 3D que os participantes poderán empregar directamente nos seus trucos. Así evitamos tempos de espera e garantimos unha experiencia fluída e creativa para todos os asistentes.
Ao final, cada participante poderá personalizar a súa creación e acompañala cun pequeno guión ou historia, traballando tanto a parte técnica como a expresiva.